Un manual para todo tipo de persoas con ganas de festa, “De festa en Festa” lévanos de viaxe por toda a península facendo paradas nos seus festexos máis curiosos e coñecidos.
Este libro de gran formato leva tamén unha historia en cada festa que Ramón D. Veiga preparou para a ocasión. Desde a noite vella na famosa Porta do Sol ata a Vijanera de Cantabria, pasando pola Feria de abril ou os Mayos de Murcia. Un libro para consultar, aprender e gozar en familia.